Jacobo Prol | Diseño de Páginas Web y Diseño Gráfico en Tenerife

Tanto Nos Ten

Tanto Nos Ten son un grupo de música da Galiza que empregan no seu repertorio músicas e letras propias e do saber popular, retranqueiras, de escarnio e comprometidas co país, e que, xunto ós pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables, conforman o que eles denominan, música tradicional furtiva, coa que tratan de interactuar coa xente, e converter nunha festa cada unha das súas intervencións, tanto de rúa coma de palco.